lunes, 30 de noviembre de 2020

Robótica educativa

 Ola a todos e a todas, hoxe traémosvos unha actividade para realizar con un Bee-bot.

Beebot Abeja Robot - Foto gratis en Pixabay


ACTIVIDADE

¿QUÉ? (Contidos que queremos traballar)

Con esta actividade queremos a traballar a reciclaxe e achegar aos nenos e nenas o seu primeiro contacto con robots. 

 

¿PARA QUÉ? (Obxectivos que busco realizando esta tarefa na aula)

Esta actividade está realizada co fin de que os/as nenos/as sexan capaces por si sos de saber en que papeleira vai cada obxecto e o lugar indicado onde o deberíamos de tirar.

 

¿QUÉ FINALIDADE TEN? (detalles das metas de aprendizaxe que quero lograr coa súa implementación)

O fin desta actividade é que os/as nenos/as sexan capaces de reciclar ao mesmo tempo que comezan a aprender a manexar un robot. Ademáis, coas plantillas propostas pretendemos que os estudantes acaden a conclusión de que todos os obxectos que se desbotan deben ir ao contedor correspondente e nunca deben acabar no mar ou no chan.

 

Rol dos estudantes para os/as que se deseña esta práctica (¿Qué papel teñen no proceso?) 

Os estudantes teñen un papel activo na actividade, xa que deben de ser eles os que escollen que camiño seguir e dar as ordes ao robot para que siga o camiño correcto, indicándolle os movementos que deben facer. Ademáis, tamén poden ser eles os que creen as plantillas polas que se debe mover o robot.

 

Descripción detallada da tarefa (¿En qué consiste?¿Cómo se traballaría con este recurso na aula?)

Para facer esta actividade debemos comezar por preparar as diferentes plantillas que precisamos e contar con un bee-bot. Os rapaces deben escoller a cor do camiño que van a seguir para chegar ao lugar axeitado. Para poder comezar o camiño pensarán nun obxecto, e cada camiño levará a unha opción, distinta en cada un deles; os rapaces deben pensar a onde debe ir a parar o obxecto inicial unha vez que xa non sirve para utilizar de novo, e a única opción correcta debe ser a que teñen que chegar polo camiño da cor correspondente a ese obxecto final.

 

MATERIALES: 

Aquí podes atopar algúns exemplos de plantillas, pero tamén podes suxerirlle aos rapaces e rapazas que eles creen a súa propia plantilla. Ademáis das plantillas tamén debes contar cun bee-bot.

Plantilla para colorear

Plantilla 1

Plantilla 2

Plantilla 3

Plantilla 4

Plantilla 5

Plantilla 6

 

OBXECTOS:

  • Latas
  • Botellas de cristal
  • Pilas
  • Papeis xa utilizados
  • Libros rotos

 

Nota: estes obxectos son só un exemplo, tamén podes utilizar outros propostos polos rapaces, familias, profesor…

 

Proposta alternativa

Imos a facer unha proposta alternativa para aquelas persoas ou mesmo colexios que non poidan imprimir a plantilla, pero sí conten cun beebot. Unha das alternativas que poderíamos    facer sería con  pauciños de madeira alargados ou mesmo con palillos facer un circuito como os da imaxe. En cada unha das salidas poñeríamos debuxos ou mesmo os escrito as diferentes salidas que teríamos. 

No caso non ter palillos ou os pauciños de madeira tamén podríamos usar pezas de construción, ceras ou lápices de cores para facer o recorrido que ten que seguir o robot.

Ademais, se dispoñemos de cartulinas de cores para facer cadrados e colocalos de xeito que formen diferentes camiños pode axudalos de forma visual a decidir o percorrido que queiran escoller.

Tamén nos podrían servir se temos algún xogo de construccións como por exemplo as peciñas de lego.

 

martes, 24 de noviembre de 2020

Realidade aumentada

Hoxe traémovos unha actividade moi divertida, na que despois de pasar esforzos de colorear as seguintes imaxes para poder ir completando a historia, coa axuda dunha aplicación poderedes ver as imaxes en 3D e mesmo completar algunha das actividades que vos pide.  

Ola, eu son Barcy. Se queres podes xogar conmigo, só debes colorearme e coa axuda da túa familia ou profe, poderás verme en tres dimensións.

Teño un problema, e é que estaba camiñando por preto do mar e vin como saía a basura do seu contenedor. Quixena parar para que non chegara ao mar, pero eu só non son capaz e preciso da vosa axuda. Axudádesme?

 

Moitas garzas pola vosa axuda. Ahora imaxinemonos que toda esa basura chegase ao mar, perderíase a esencia do mundo mariño e tamén o hábitat de moitos animais, como os que podemos coñecer na seguinte imaxe.

 

E ademais, é moi importante conservar o mar e ríos limpos, xa que grazas á forza da auga podemos xerar electricidade moito mellor e deste xeito a súa produción non contamina.

 

Para levar a cabo esta actividade de realidade virtual é preciso ter:

-plantillas imprimibles,

-materiais para colorear,

-unha tablet ou teléfono móbil con cámara e

-descargar a aplicación Barcy, dispoñible para IOS e Android.

 

Consiste en colorear as plantillas imprimibles para, posteriormente, ver unha animación das figuras en tres dimensións a través do dispositivo electrónico do que se dispoña. Ademais, unha destas plantillas é unha actividade na que os nenos e nenas deben recoller o lixo para que non chegue a contaminar o mar.

O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas saiban a importancia de non tirar lixo na auga e de mantela o máis limpa posible.

Para poder ver as imaxes en 3D tes que fixarte en que dibuxo de Barcy hai na esqueina da páxina, para así poder pinchar no correcto para escanear a actividade.

Ademáis, aquí deixamos un enlace a un PDF con todas as plantillas que podes usar para esta actividade: https://drive.google.com/file/d/15KtdwxAi1WndMLPHqXuYpo_WGJiysKEW/view?usp=sharing

Tamén poderás atopar máis na páxina de Barcy: https://chromville.com/barcy/

 

A continuación poñemos un exemplo:

Se escollemos o dibuxo da basura, primeiro coloreamolo:

 

 

Despois de colorealo, facemos clic no Barcy que nos corresponda e escaneamos a foto. Despois diso temos que esperar un segundos a que a recoñeza.

   

Unha vez que o recoñeza, vainos a poñer as instruccións do xogo e os obxectivos que ten, a partir de ahí xa podemos facer a actividade que nos piden:


A desfrutar da actividade!!!

lunes, 16 de noviembre de 2020

Narrativa Dixital

 Ola a todos e a todas, hoxe vimos a presentarvos unha historia.Esta chámase "As aventuras de Sara e Mateo" dous amigos que tiveron que realizar unha investigación para saber quen era a persoa que andaba a contaminar o bosque.


Se queredes saber quen foi o culpable de todo e o proceso de investigación clicade no seguinte enlace para poder acceder a historia:

https://www.mystorybook.com/books/982393

No próximo enlace presentámosvos un pequeniño esquema que contén os obxectivos, personaxes, contidos... que aparecen na historia.

https://drive.google.com/file/d/1bwtMLfNTQQLzP9onjsdb1JuV5HQ4PpJ4/view?usp=sharing  

Para traballar este conto nas aulas empregaremos unha hora. O profesor ou a profesora leerá o conto en voz alta mentres que os nenos e as nenas poderán seguir a historia vendo as imaxes que compoñen a historia. Despois da lectura do conto o profesor ou a profesora podría realizarlle preguntas aos alumnos/as para coñecer que farían eles para investigar quen era o culpable eu mesmo que lle farían eles ao culpable.

Se este conto non se vai a empregar nas aulas senón na casa, faríase da mesma maneira que se fora nunha clase.

 

Esperemos que vos guste o conto que preparamos para vos!!

Cara de guiño amarillo emmoji Icono de emoticono de dibujos animados divertidos Ilustración 3D para chat o mensaje


Póster Dixital

Ola a todos e a todas, deixámosvos aquí o enlace directo ao noso póster dixital. Esperamos que vos guste.  https://prezi.com/p/inxaogpzmz3r/...