martes, 27 de octubre de 2020

Caza do tesouro ( 3-4 anos)

 


Ola nenos/as!! Chámome Lina e son unha tartaruga mariña.  Vivo na Praia de Portocubelo, en Carnota. Vouvos a porpoñer un xogo. Consiste nunhas pequenas preguntas sobre as tartaurgas e serve para que poidades coñecer máis cousas sobre a miña familia e a ver se a si nos podemos facer amigos/as. O si que vos vou a pedir e que porfavor non tiredes lixo ao mar e xa veredes o porque volo pido.

Moitas grazas por participar e a pasalo ben!


Preguntas:

1.       Como se di tartaruga en galego? Douche unha pista, empeza pola letra s de sapo

2.       En que lugares podemos vivir as tartarugas?

3.       Que poden comer as tartarugas terrestres? E as acuáticas?

4.       Que perigos ten as tartarugas mariñas?

5.       Como podemos axudar as tartaruas mariñas?

 

Respostas:

El país

Vivir

Terrestres / Acuáticas

Perigos

Axuda (desde o minuto 2:49)

 

Pregunta final:

Vexo que xa sabes un montón de cousas sobre as tartarugas coma min, xa sabes que nos podes axudar a que poidamos seguir tranquilas polo mar, eso si, tampouco debemos de olvidarnos de que as terrestres tamén necesitan que deixemos de contaminar o seu hábitat.

Agora como resto propóñoche que fagas un debuxo dunha tartaruga tanto mariña como terreste a que máis che gustara e ponlle un nome e coida moito de ela.

Moitas grazas por axudarme a min e as miñas compañeiras.

Un saúdo,

Lina

jueves, 15 de octubre de 2020

Caza do tesouro (5-6 anos)

Introducción

Algunha vez recorreches todos os bosques de Galicia? Supoño que non xa que son moitísimos. A que non sabías que segundo o lugar son distintos? Hoxe imos investigar un pouco como pode cambiar a flora segundo a zona onde se atope o bosque a explorar. Coñeceremos as árbores máis peculiares da nosa terra e transportaremonos a lugares fermosos que nunca contaches que poideran estar na túa terra.


Preguntas
1.Que tipos de bosques podemos atopar en Galicia?

2.Que peculiaridade ten o Carballo do Herdeiro?

3.Cal é a árbore máis antiga de Galicia? Onde se atopa? De cantas persoas se necesita para abrazar a árbore?

Arboricultura

4.Cantos anos pode chegar a vivir un acivro? De que tradición forma parte?

Plantamus

5.Cantos tipos de follas hai? Cita o nome de cinco tipos e fai un debuxo delas.
Ambientum
6.Que ocurrriu nas Fragas do Eume no ano 2012?

7.Que problema xera o eucalipto en Galicia?

8.Que ocorre coa mimosa? E especialmente en que comarca?

9.Cal é a única pranta que dentro de Galicia só se pode atopar nas Illas Cíes? En que ecosistema está?

10.A flor de Camariñas ten un poder máxico, cal crees que é?

Turismo Camariñas



Enlaces e recursos

Bosques

Carballo do Herdeiro

Árbol máis antigo Video

Acivro

Tipos de follas

Fragas do Eume

Eucalipto

Mimosa

Flora terrestre Illas Cíes

Camariñas



Pregunta final

Despois de responder todas as preguntas, agora podes ir ao bosque, parque… que teñas próximo a vosa casa ou donde poidades encontrar unha folla. Agora tocache a ti buscar a que árbore pertece a túa folla e buscar información sobre este.

sábado, 10 de octubre de 2020

Blogs de referencia

Hoxe traémosvos algúns blogs que nos chamaron a atención e consideramos que poden ser útiles para a aula.  Algúns  móstranos explicacións, actividades... relacionados co medio ambiente e co seu coidado. Estes blogs pódense aplicar tanto a actividades de aula como cada un con nenos/as para que o teñan xa presente dende pequenos/as e así fomentar neles un bo coidado do noso preciado medio ambiente.

Cuidando o entorno do CEIP plurilingüe profesor Albino Nuñez

Neste blog móstranse as distintas actividades relacionadas co medio que se realizan no CEIP plurilingüe profesor Albino Núñez.

 

Eco Peregrinos no Bo camiño

Neste bolg do CEIP profesor Albino Núñez achégannos diferentes enlaces con actividades… que podemos realizar con nen@s co fin de reciclar e coidar o medio ambiente.

 

Ecología y cuidado del medio ambiente

Neste bolg enseñasenos a diferncia que existe entre ecoloxía e coidar o medio ambiente. Tamén nos ofrece algúns propósitos ecolóxicos que nos axudarán a coidar o medio ambiente.

 

Blog de los recursos

O blog presentanos diferentes recursos que podemos realizar con nenos e nenas para conciencialos/as da importancia de non contaminar a auga e de diferentes actividades para reciclar.

 

Blog Vicens Vives

Neste blog móstranse seis actividades diferentes para poder facer con nen@s para conciencialos de diferentes actividades que podemos facer para coidar o medio ambiente e así poder frear o cambio climático.

 

El rinconcito de Esther

Neste blog Esther explicanos porque é importante traballar a educación ambiental e ademais mostranos diferentes un proxecto que consiste en crear un rincón da natureza.

 

Blog de Educo, cuaderno de valores

Neste bolg achéganse diferentes aspectos de educación ambiental para nen@s para así poder protexter o entorno e evitar unha pandemia.

 

Enseñar a los niños a cuidar el medio ambiente

No blog enséñasenos que a educación é clave para a loita polo coidado do planeta. Nel móstrasenos como a través de diferentes acitividades como xogos, contos… podemos xerar interese para que @s nen@s coiden do medio ambiente.

 

5 recursos de educación ambiental para niñ@s

Un dos aspectos máis importantes na educación é o respecto hacia a natureza. Este blog acheganos diferentes recursos para a educación ambiental enfocada a nen@s.

 

Cuidado do medio ambiente para nenos

O blog acheganos unha pequena explicación de que é o medio ambiente e algunhas ideas de como poderíamos cuidalo con nenos/as. Indicanos tamén algús lugares donde poderíamos ensinar os/as nenos/as a cuidar o medio ambiente.

 

Guía sobre cómo cuidar o medio ambiente para nenos

Aquí hai unha pequena lista de 10 regras para poñer en práctica e a ensinar aos nenos e nenas a coidar e protexer o entorno.

 

Recursos educativos de educación infantil

Antonio López comparte no seu blog un gran número de recursos para que alumn@s de esta etapa de educación infantil poidan traballar diferentes competencias, entre elas o medio ambiente.

 

Educación ambiental

Neste blog recollense diferentes actividades de diferntes blogs que están relacionadas co medio ambiente. 

 

 


lunes, 5 de octubre de 2020

Cómo usan os profes de infantil as tecnoloxías?

 CÓMO USAN OS/AS  PROFES DE INFANTIL AS NNTT?


Existe un gran debate de se aprenden mellor os nenos coas novas tecnoloxías, nós, consideramos que os rapaces aprenden igual usando ou non as tecnoloxías. Os rapaces coas novas tecnoloxías prestan máis atención e interactúan máis polo que así están máis concentrados, pero iso non quere dicir que aprendan mellor ou peor. Tampouco non diferencia aos mestres de ser mellores ou peores o uso das tecnoloxías para dar as túas clases. Por exemplo, hai profesores que usan marionetas e outros non pero iso non os fai mellores ou peores. Cadaquen ten a súa forma de dar clase, podes ter un gran manexo coas tecnoloxías pero non ser quen de dar clase con elas e viceversa.

Nós pensamos que o día de mañá nas aulas utilizaremos as tecnoloxías como ferramenta complementaria, xa que vemos estas como un medio que poden axudar a comprender cousas, pero os rapaces deben saber dende pequenos que as tecnoloxías teñen certos pros pero tamén contras.

Consideramos que nos colexios públicos hai medios para poder traballar cas novas tecnoloxías aínda que estes medios son reducidos xa que non pode ter unha pantalla cada rapaz, pero consideramos que para os mais pequenos son suficientes.


domingo, 4 de octubre de 2020

A tecnoloxía nas nosas vidas

 

Para a nosa xeración, a tecnoloxía foi unha ferramenta moi útil por diversas razóns. A evolución desta permitiu a mellora da comunicación entre persoas, facilitándonos relacionarnos entre nós máis rápida e doadamente, especialmente agora coa situación na que nos atopamos debido ao COVID-19. Tamén sempre nos foi moi útil á hora de atopar información sobre case calquer tema sobre o que necesitásemos ampliar información ou sobre o que quixésemos comezar a saber del dende cero. Ademais, xoga un papel notable no ámbito do entretemento, xa que con conexión a internet temos acceso a milleiros de libros, películas, series, música, xogos, etc. que moita xente consume a diario.


Na nosa educación, a tecnoloxía xogou distintos papeis durante as diferentes etapas, comezando cunha menor importancia e, gradualmente, tendo máis presenza ao longo do transcurso da vida escolar; na educación infantil e primaria tivo un papel bastante secundario, xa que só a empregaban as profesoras e profesores para proxectar algo no encerado, e cando a utilizábamos nós era só en educación primaria na clase de informática; na educación secundaria comezou a ter máis importancia, xa que a necesitábamos para facer traballos para clase; por último, no bacharelato, a empregamos moito máis, especialmente durante os últimos tres ou catro meses, debido a que coa chegada do confinamento por mor da pandemia as clases foron telemáticas na súa totalidade.

 

Algo que sen duda destacaríamos da tecnoloxía é a súa importancia á hora de comunicarnos cos demais, sexa a través de chamadas telefónicas, mensaxes de texto ou videochamadas, e a gran ferramenta que é para ampliar os nosos coñecementos sobre unha gran cantidade de temas. A pesar de ser un valioso instrumento que nos pode aportar moitas cousas positivas, hai que usala con coidado porque pode traer con ela cousas negativas se non o facemos resposablemente.

Presentación grupal

Benvidos/as ao noso blog Coidado do Entorno. Tras unha pequena presentación individual todas temos un obxectivo común: queremos xerar nos/as nenos/as interese e respecto polo coidado e conservación da natureza e o seu entorno.

Esperamos que este blog vos sirva de axuda!

Póster Dixital

Ola a todos e a todas, deixámosvos aquí o enlace directo ao noso póster dixital. Esperamos que vos guste.  https://prezi.com/p/inxaogpzmz3r/...