domingo, 4 de octubre de 2020

A tecnoloxía nas nosas vidas

 

Para a nosa xeración, a tecnoloxía foi unha ferramenta moi útil por diversas razóns. A evolución desta permitiu a mellora da comunicación entre persoas, facilitándonos relacionarnos entre nós máis rápida e doadamente, especialmente agora coa situación na que nos atopamos debido ao COVID-19. Tamén sempre nos foi moi útil á hora de atopar información sobre case calquer tema sobre o que necesitásemos ampliar información ou sobre o que quixésemos comezar a saber del dende cero. Ademais, xoga un papel notable no ámbito do entretemento, xa que con conexión a internet temos acceso a milleiros de libros, películas, series, música, xogos, etc. que moita xente consume a diario.


Na nosa educación, a tecnoloxía xogou distintos papeis durante as diferentes etapas, comezando cunha menor importancia e, gradualmente, tendo máis presenza ao longo do transcurso da vida escolar; na educación infantil e primaria tivo un papel bastante secundario, xa que só a empregaban as profesoras e profesores para proxectar algo no encerado, e cando a utilizábamos nós era só en educación primaria na clase de informática; na educación secundaria comezou a ter máis importancia, xa que a necesitábamos para facer traballos para clase; por último, no bacharelato, a empregamos moito máis, especialmente durante os últimos tres ou catro meses, debido a que coa chegada do confinamento por mor da pandemia as clases foron telemáticas na súa totalidade.

 

Algo que sen duda destacaríamos da tecnoloxía é a súa importancia á hora de comunicarnos cos demais, sexa a través de chamadas telefónicas, mensaxes de texto ou videochamadas, e a gran ferramenta que é para ampliar os nosos coñecementos sobre unha gran cantidade de temas. A pesar de ser un valioso instrumento que nos pode aportar moitas cousas positivas, hai que usala con coidado porque pode traer con ela cousas negativas se non o facemos resposablemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Póster Dixital

Ola a todos e a todas, deixámosvos aquí o enlace directo ao noso póster dixital. Esperamos que vos guste.  https://prezi.com/p/inxaogpzmz3r/...